InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo colabora coa X Media Maratón entregando unha medalla a quen...

ACISA Ribadeo colabora coa X Media Maratón entregando unha medalla a quen complete o percorrido

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décima Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, día 14"

Publicada o

- Advertisement -

Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a decima edición o vindeiro sábado, 14 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décima Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, día 14. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación. Ademais, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a Media Maratón é moi importante para a actividade económica do noso pobo, este evento vai mover a preto de 950 corredores e corredoras, que xunto a acompañantes e familiares suporá que se acheguen á nosa vila preto de dúas mil persoas durante a fin de semana, e por iso creemos moi impórtente a colaboración con este evento. Moitos dos participantes xa chegarán mañá, venres, e outros quedarán ata o domingo, polo que poderán gozar da nosa hostalería e do noso comercio, algo que para nos ten moita importancia neste tramo final do verán. Este evento é un revulsivo para o turismo, onde estes 2.000 visitantes potenciais dunha fin de semana, pódense converter en 2.000 embaixadores de Ribadeo que conten a amigos e familiares, o destino ideal que é Ribadeo para pasar uns días de descanso ou de vacacións”.

Cruzado Iglesias indicou que “tras a experiencia do ano pasado, dende Acisa demos a oportunidade aos asociados e asociadas que o desexaran poder colaborar con este importante evento, doando o que considerasen oportuno para poder sortear estes regalos entre os participantes. Por elo, quixera expresamente agradecer ao Hotel Mi Norte, pola súa doazón dun bono de noite mais almorzo no seu establecemento, ao Hotel Restaurante Javier – Montero polo seu descontos do 15 % para quen se aloxe no establecemento, a R23 polo regalo de 2 vales dun 50% de desconto en sombreiros e roupa, a Opticalia que regalou unhas gafas para deportistas, e a La Quinta que doou un arroz con bogavante para 2 persoas”.

Onte tivo lugar o sorteo de catro deses premios. Pérez Prada contou que “os gañadores do sorteo, que se realizou entre todos os dorsais participantes na carreira, a través das nosas redes sociais, foron os seguintes: Dorsal 532 – Elizabeth Castañeda, gañadora do premio de Opticalia; o dorsal 374 – José Manuel Novillo del Romo, gañador do premio de La Quinta; o dorsal 421 – José Javier Varela Fernández, gañador do premio de Hotel Mi Norte; e o dorsal 914 – Saúl Vázquez, gañador do premio do Hotel Restaurante Javier Montero”.

Na presentación das medallas conmemorativas da X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico de Deportes, Iván López, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...