InicioOrientalRibadeoRibadeo realizará melloras na rede municipal de estradas

Ribadeo realizará melloras na rede municipal de estradas

Estas obras enmárcanse dentro do programa 'Avanza Rural'

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo realizará bacheos para mellorar a rede de estradas do concello. Estes traballos súmanse ao Plan Avanza Rural, que xa está en marcha e que supón un investimento de 315.000 euros.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “dentro da planificación que estamos levando a cabo para a conservación da rede de estradas, da rede de infraestruturas do noso concello, evidentemente hai estradas que xa necesitaban un pleno arranxo por completo, por iso estamos investindo 315.000 euros nesas que estaban moi deterioradas, pero tamén observamos que noutros tramos certamente hai baches e que debemos evitar que iso se agrave, é dicir debemos traballar, planificar para que o estado deses vieiros non empeore”.

O rexedor anunciou que “tamén vamos planificar unha serie de bacheos para que as infraestruturas que están un pouco menos mal que outras que estaban nunha situación nefasta, temos que investir tamén para mellorar. Estamos planificando unha serie de bacheos que vamos facer agora, e despois un pouquiño máis adiante, tamén en puntos que entendemos baixo os criterios técnicos que evitando que iso empeore, que eses baches se sigan agravando, creo que é o mellor”.

Vega indicou que “dentro desa planificación que temos desde o Concello, agora co Plan Avanza Rural, con eses 315.000 euros que estamos actuando en varias parroquias con aglomerado, en breve actuaremos noutras estradas fundamentais e tamén sacaremos a licitación para aglomerar, tramos importantes que levaban moito tempo abandonadas. Tamén faremos uns bacheos que son necesarios para que as nosas estradas non vexan empeorada a situación na que se atopan e ir conservando e ir investindo tamén diñeiro, porque entendemos que unha planificación é a coordinación e a conservación das nosas estradas, das nosas infraestruturas”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...