O Concello de Ribadeo ven de emitir un bando no que anuncia que levará a cabo a campaña de recollida porta a porta dos plásticos agrícolas a partir do 23 de setembro. O servizo, contratado polo Concello de Ribadeo á empresa Ascan Servicios Urbanos S.L., comezará o luns 23 de setembro e prolongarase os días que sexan necesarios para atender todos os avisos de recollida recibidos en tempo e forma.
O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, indica que “todas as explotacións que precisen deste servizo procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida. As solicitudes deberán facerse a través do teléfono de Punto Limpo municipal, 664 00 09 32, dentro do seu horario que é de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 horas, de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 13:00 horas. O prazo de petición de recollida dos plásticos agrícolas remata o 20 de setembro”.
E engadiu: “desde a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradecemos a máxima colaboración posible con este servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida, para asegurar que se preste nas condicións idóneas”.