InicioOrientalRibadeoRibadeo celebrará un curso de kumite o 28 de setembro

Ribadeo celebrará un curso de kumite o 28 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo organiza, xunto coa Federación Galega de Karate e o Club Karate Shito-Kai de Asturias e Galicia, un Curso de Kumite que se celebrará o 28 de setembro.

A actividade será impartida por Rubén Villaverde Canal, campión de España en catro ocasións en categoría individual e outras tantas por equipos. Rubén Villaverde foi ademais dez veces campión de Asturias, seis veces campión nacional do estilo Gensei ryu, subcampión de Europa Junior 98, terceiro clasificado junior 97 e campión de Europa cadete 95.

O curso desenvolverase no polideportivo de Ribadeo de 11:00 a 13:00 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima aos amantes desta disciplina “a acudir a esta cita o 28 de setembro, que será impartida por todo un experto na materia, que conta con infinidade de premios e recoñecementos”.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...