InicioOrientalRibadeoO prazo de inscrición no programa 'Preto de Ti' de Ribadeo comeza...

O prazo de inscrición no programa ‘Preto de Ti’ de Ribadeo comeza o día 3 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

Do 3 ao 15 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no programa Preto de Ti do Concello de Ribadeo.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “estamos de volta co programa Preto de Ti. Dentro duns días retomaremos os talleres memoria, a ximnasia, as manualidades e o taller sobre o uso do teléfono móbil”.

A edil ribadense dixo que a inscrición para participar nas actividades de Preto de Ti estará aberta do 3 ao 15 de setembro. As persoas interesadas deben anotarse chamando a María, a responsable deste programa, ao 625 104 274 en horario de nove da mañá a tres da tarde”.

Sierra subliñou que “ademais esta tempada como novidade imos ter charlas sobre saúde, que serán impartidas pola enfermeira dos nosos Servizos Sociais. Nesas charlas abordaremos cuestións como as curas, os hábitos saudables ou a nutrición, por poñer uns cuantos exemplos”.

A concelleira de Benestar Social anima “ás veciñas e aos veciños de Ribadeo a participar e a sumarse ao programa Preto de Ti, co que pretendemos seguir dinamizando as nosas parroquias, queremos que gocen de actividades durante todo o curso e que, ademais de aprender, pasemos un bo intre entre amigos”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...