InicioOrientalRibadeoRibadeo abrirá en setembro a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno

Ribadeo abrirá en setembro a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno

Xa en outubro o día 1 comezarán a escolas de ximnasia rítmica e patinaxe, o 3 empezará a de hockei liña, o 4 as de tenis e natación e o 7 de outubro a de pádel

Publicada o

- Advertisement -

Do 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. En total son 12 as disciplinas ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.

O 16 de setembro darán comezo as escolas de fútbol e bádminton. O 18 será a quenda para o baloncesto, o día 23 iniciaranse as escolas de atletismo e fútbol sala e o día 30 a de tenis de mesa.

Xa en outubro o día 1 comezarán a escolas de ximnasia rítmica e patinaxe, o 3 empezará a de hockei liña, o 4 as de tenis e natación e o 7 de outubro a de pádel.

As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a inscribirse nas escolas deportivas municipais de inverno ás nenas e aos nenos do noso concello. O deporte é saúde, por iso apostamos un ano máis por esta ampla oferta de disciplinas para que poidan escoller aquela ou aquelas que máis lles gusten”.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...