InicioOrientalSonia Castedo será a pregoeira das festas de Ribadeo tras ser vetada...

Sonia Castedo será a pregoeira das festas de Ribadeo tras ser vetada en 2012 polo BNG

É localidade natal da exalcaldesa de Alacante

Publicada o

- Advertisement -

A exalcaldesa de Alacante, Sonia Castedo, será este ano a pregoeira das festas patronais de Ribadeo, a súa localidade natal, tras ser vetada para a dita función na edición de 2012 polo entón alcalde do municipio, o nacionalista Fernando Suárez.

Castedo, nacida na localidade mariñá en decembro de 1970, fora seleccionada naquela ocasión –e anunciada publicamente pola comisión de festas– como a encargada da lectura do pregón das festas patronais de 2012, pero atopábase tamén sendo investigada no marco do denominado ‘Caso Brugal’, unha trama de suborno, extorsión e tráfico de influencias na que se viron envolvidos varios gobernantes do PP na provincia de Alacante.

Tras o seu oficialización como pregoeira, chegou a citada oposición do entón alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez (BNG), que bloqueou a súa designación ao entender que tal función non podía ser desempeñada por unha persoa investigada por un presunto delito de adxudicación de contratos públicos, un cargo do que, por certo, terminou sendo absolta en 2021.

Hoxe, o actual alcalde de Ribadeo, o popular Daniel Veiga, prefire desmarcarse de calquera tipo de polémica indicando que é a comisión de festas, un órgano –apunta– “independente” quen designa aos pregoeiros. Unha decisión na que o Executivo local non ten nin quere ter ningún tipo de inxerencia.

“Nós nin alentamos nin prohibimos pregoeiros. É a comisión de festas quen propón e decide, e así cremos que ten que ser”, explica, en declaracións a Europa Press, o rexedor dun municipio que vivirá este venres o inicio das festas patronais de Santa María do Campo coa lectura do pregón a cargo de Sonia Castedo.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...