InicioOrientalRibadeoEntrega de premios no Torneo de Padel+Tenis en Ribadeo

Entrega de premios no Torneo de Padel+Tenis en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Mais de 30 persoas participaron no Torneo de Padel + Tenis, que se disputou en Ribadeo do 19 ao 25 de agosto. Foi organizado polo Club de Tenis Ribadeo, que contou coa colaboración do Concello ribadense e da Xunta de Galicia.


Na entrega de premios aos gañadores participaron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, que indicou: “estamos moi contentos de que o Club de Tenis Ribadeo recuperase esta cita, que levaba uns cantos anos sen celebrarse”. E engadiu: “felicidades pola organización deste evento, para o que sempre contarán co apoio do noso Concello. Fomentar a práctica deportiva entre adultos e nenos e os seus valores son os nosos obxectivos”.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...