InicioOrientalRibadeoRibadeo cancelará o crédito solicitado para a reforma do Hospital Asilo

Ribadeo cancelará o crédito solicitado para a reforma do Hospital Asilo

O alcalde, Dani Vega, dixo que “estamos a falar de 700.000 euros para a residencia hospital asilo"

Publicada o

- Advertisement -

Concello cancelará o crédito bancario solicitado no seu día para facer fronte á reforma do hospital asilo. Será grazas a concesión da axuda de 700.000 euros por parte da Xunta de Galicia para este fin. O equipo de goberno realiza xestións para dotar de equipamento á devandita instalación. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “estamos a falar de 700.000 euros para a residencia hospital asilo. Anunciábao a Xunta de Galicia que hoxe vai ao Consello da Xunta ese convenio excepcional con Ribadeo para garantir a obra da residencia hospital asilo entre a Xunta con eses 700.000 euros e o doutor Moreda cos 800.000 euros, garántenos esa tranquilidade orzamentaria para o hospital asilo”.

O rexedor anunciou que “vamos liberar esa carga dun préstamo ao Concello, dado que o anterior goberno sacou un crédito, nós o que vamos facer é eliminalo con esa xestión dese convenio excepcional. Unha xestión ben realizada, porque garantimos unha obra moi importante para o Concello de Ribadeo, é dicir seguir incrementando prazas para todas as persoas que teñen que vir para as residencias. Non nos chega coa que hai, por iso vamos ter 2 e con iso practicamente teremos 80 prazas”.

Vega cre que “é importante e fundamental seguir investindo no benestar social das persoas. Esta xestión, que é unha das primeiras xestións, porque vamos seguir traballando, vamos seguir xestionando xa que aínda nos queda moito, é verdade que fixemos unha xestión boa e fundamental para garantir as obras que teñen dezaoito meses de execución, pero agora quédanos outra segunda parte, estamos a falar do equipamento que xa estamos traballando, xa estamos xestionando orzamento e iso é o que deben facer os gobernos serios dedicarse á xestión para que os concellos sigan medrando e neste caso traballar de forma seria, guiándonos por criterios técnicos”.

Para o alcalde ribadense “non hai que despistarse nin facer caso a ese ruído tóxico, nosoutros o que queremos é mellorar a residencia hospital asilo con esa reforma integral, con orzamento entre a filantropía do doutor Moreda e o convenio excepcional da Xunta de Galicia. Polo tanto, seguimos marcándonos un guión que é xestión, traballo e dedicación para que siga crecendo e prosperando Ribadeo”.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...