InicioOrientalRibadeoRibadeo procede ao lavado dos contedores e as plataformas onde están colocados

Ribadeo procede ao lavado dos contedores e as plataformas onde están colocados

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “xa actuamos estes días en toda a vila, nas zonas dos cámpings e tamén en Rinlo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello procede estes días ao lavados dos contedores e das isletas nas que está colocados.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “xa actuamos estes días en toda a vila, nas zonas dos cámpings e tamén en Rinlo. Lavamos todos os contedores e limpamos todas as isletas e as bases nas que se atopan colocados, así como os cubrecontedores. Tamén procedemos a cambiar todo aquel material que se atopaba deteriorado”.

O edil ribadense subliña que “actuamos tamén na área recreativa de Santa Cruz, que conta con 4 novas bases para os contedores, co obxectivo de ter esa zona completamente preparada para a Xira, que se vai celebrar o vindeiro domingo, 4 de agosto”.

Dos Santos engade que “o traballo continúa e o lavado dos contedores vaise estender estes vindeiros días por toda a zona rural do noso concello”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...