InicioOrientalRibadeoRibadeo rende homenaxe ao Viejo Pancho cunha ofrenda floral este domingo

Ribadeo rende homenaxe ao Viejo Pancho cunha ofrenda floral este domingo

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo rendeulle homenaxe ao Viejo Pancho cunha ofrenda floral que tivo lugar esta mañá na Praza de España, a carón do busto do poeta gauchesco uruguaio nado neste concello.

Coa lectura de poemas, a música das gaitas de Follas Novas, e as intervencións do alcalde ribadense, Dani Vega, e do cónsul de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez, desenvolveuse a ofrenda floral na que foron depositadas unha coroa e un ramo de flores. Por parte da Xunta de Galicia asistiu a directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López. Concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo, así como representantes do mundo da cultura, veciñas e veciños ribadenses seguiron de preto a devandita ofrenda.

A continuación tivo lugar unha eucaristía na igrexa parroquial de Ribadeo e despois no Concello a presentación do libro “El Viejo Pancho. Antoloxía poética bilingüe”, con introdución de Gustavo San Román e tradución feita por Daniel Chapela, Belén Senín e Armando Requeixo do Centro Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Cultura.

Así remataron os actos de conmemoración do centenario do pasamento do Viejo Pancho, que deron comezo na xornada de onte coa representación de “El rigor de las desdichas, juguete cómico en un acto y en verso” a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo no auditorio municipal. Trátase dunha obra que foi escrita por El Viejo Pancho en 1878 e impresa na súa propia imprenta. Tamén onte o Cine Teatro acolleu unha actuación de Toxo Guayaba.

Ademais o Concello de Ribadeo presentou hai uns días a páxina web elviejopancho.org coa biografía, imaxes e moita información sobre o homenaxeado. A web foi financiada pola Secretaría Xeral de Emigración.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...