InicioOrientalRibadeoRibadeo investirá case 400.000 euros no arranxo da estrada local da costa

Ribadeo investirá case 400.000 euros no arranxo da estrada local da costa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo destinará 370.000 euros ao arranxo da estrada local da costa. O alcalde, Dani Vega, asegurou que estaba totalmente abandonada e que os traballos dará comezo despois do verán.

O rexedor subliñou que “vamos investir 370.000 euros na estrada da costa. Somos conscientes do seu estado, sabemos que é unha estrada moi transitada, moi usada, anos e anos de abandono, nos que non se investiu absolutamente nada e agora vamos tomar esa decisión de investir. Evidentemente, as obras comezarán despois do verán. Non podemos antes, porque primeiro téñennos que aprobar o Plan Único por parte da Deputación e a partires de aí licitaremos e investiremos eses 370.000 euros”.

Para Vega “esta é unha decisión acertada porque hai unha necesidade e neste escaso período que levamos no goberno, un ano, xa tomamos esta decisión de investir nunha estrada que evidentemente é moi usada porque vertebra todas as parroquias, porque ten unha comunicación tamén por toda a costa altamente turística esa zona. E polo tanto, cumpre moitos requisitos para que teñamos que tomar esa decisión de investir para mellorar todo un pavimento destrozado”.

O alcalde considera que “tamén necesita unha anchura ese pavimento, vai ter 5,50 metros de ancho e a partires de setembro xa empezarán as obras a través do Plan Único da Deputación. Polo tanto, unha estrada que ten un deterioro de anos e anos e que neste ano será resolto”.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...