InicioSucesosPersecución a 170 km/h dende Ribadeo ata Vegadeo para deter a un...

Persecución a 170 km/h dende Ribadeo ata Vegadeo para deter a un home que se adicaba á venda de drogas

Xa na localidade de Vegadeo o vehículo detivo a súa marcha e o ocupante do asento dianteiro apeouse do coche e emprendeu a fuxida a pé, sendo interceptado pola Garda civil. O detido portaba un envoltorio de plástico de cor azul que contiña 65,56 gramos de suposta cocaína.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo a un home de Vegadeo (Asturias), de 48 anos, por presuntamente vender drogas tras unha persecución a 170 km/h en Ribadeo. Segundo informou o Instituto Armado, a investigación comezou ao ter constancia dun posible punto de menudeo de sustancias estupefacientes situado nunha céntrica rúa de Ribadeo.

Os axentes detectaron a presenza dun turismo estacionado, que era usado habitualmente polo principal sospeitoso de dirixir o punto de menudeo. Ademais, o vehículo estaba aparcado nunha zona onde, nos últimos meses, realizaron varias intervencións policiais contra o tráfico de drogas. O vehículo saíu de madrugada do lugar e, cando os seus ocupantes se decataron da presenza da Garda Civil, comezaron a circular a gran velocidade polas rúas de Ribadeo.

Os axentes activaron as luces de emerxencia para que o infractor depuxese a súa actitude, pero fixo caso omiso e chegou a invadir “en numerosas ocasións” o carril esquerdo da estrada e alcanzou velocidades de ata 170 km/h. Xa na localidade de Vegadeo o vehículo detivo a súa marcha e o ocupante do asento dianteiro apeouse do coche e emprendeu a fuxida a pé, sendo interceptado pola Garda civil.

O detido portaba un envoltorio de plástico de cor azul que contiña 65,56 gramos de suposta cocaína. Ademais, os axentes atoparon outro envoltorio do que o detido se tentou desfacer, idéntico ao primeiro e que neste caso contiña outros 8,68 gramos de suposta cocaína. 

Ademais, na mochila atoparon unha lata de refresco manipulada para ocultar nas súas interior sustancias estupefacientes. A investigación continúa aberta para identificar o condutor do turismo no que fuxía o detido. O coche está a nome da nai do detido, persoa de avanzada idade que descartan que fose quen conducía o vehículo. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...