InicioOrientalRibadeoRecepción en Ribadeo a Elena Justo e Manuela Lastra do Clube Piragüismo...

Recepción en Ribadeo a Elena Justo e Manuela Lastra do Clube Piragüismo Altruán

Publicada o

- Advertisement -

No salón de plenos do Concello de Ribadeo tivo lugar unha recepción ás campioas de España Elena Justo e Manuela Lastra, do Club de Piragüismo Altruán.

Manuela Lastra ven de proclamarse campioa de España en infantil K1 3000 e Elena Justo é tamén campioa de España en PK3 3000.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “Elena e Manuela recibiron como agasallo un vale de 150 euros en recoñecemento aos seus méritos deportivos”.

O alcalde, Dani Vega, e o edil de Deportes felicitáronas “por este novo éxito e por levar o nome de Ribadeo ao mais alto do podio do piragüismo” e animáronas “a seguir na liña de esforzo e dedicación que iniciaron hai anos”.

Manuela Lastra e Elena Justo estiveron acompañadas polo seu adestrador, Ramón Cabodevila, e polo presidente do Club Altruán, José Ángel Fernández.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...