InicioOrientalRibadeoRibadeo conmemorará o Día do Orgullo LGBTIQ+ con actividades de sensibilización

Ribadeo conmemorará o Día do Orgullo LGBTIQ+ con actividades de sensibilización

Publicada o

- Advertisement -

Este ano o Concello de Ribadeo conmemorará o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, con dúas iniciativas destacadas que buscan sensibilizar á poboación e celebrar a diversidade.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “para sensibilizar e promover unha mensaxe de inclusión, o Concello preparou uns soportes que se distribuirán a todos os establecementos de Ribadeo. Estes soportes levarán unha mensaxe clara: A diversidade enriquécenos sen importar quen sexas e a quen ames. Nesta mensaxe estará o teléfono do servizo Arco da Vella, identificado co número 028, que loita contra a violencia e a LGTBIfobia. En letras grandes e visibles, mostrarase o lema Ribadeo Orgullosa”.

A edil ribadense conta que “ademais ás 21:00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo Poético Musical, baseado na obra gañadora do XVII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, da autora Diana Kurich. Este espectáculo promete ser unha experiencia única que combina poesía e música, celebrando a creatividade e a arte dentro do contexto da diversidade e a inclusión”.

Sanjurjo engade que “para pechar a xornada de conmemoración ás 21:30 horas tamén no Parque San Francisco, haberá unha festa con discoteca móbil. Este evento festivo busca ser un punto de encontro que promova a inclusión e o apoio ao colectivo LGTBIQ+”.

A concelleira de Igualdade sinala que “Ribadeo é un exemplo de convivencia e aceptación e queremos que todas as persoas se sintan benvidas e valoradas. Desde o Concello de Ribadeo animamos a todos os cidadáns e visitantes a participar nestas actividades, demostrando así que a nosa vila é un lugar inclusivo e orgulloso da diversidade”.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...