InicioOrientalRibadeoO programa 'Gente Viajera' de Onda Cero premia Ribadeo como vila máis...

O programa ‘Gente Viajera’ de Onda Cero premia Ribadeo como vila máis bonita de Galicia

Xunto ao alcalde estiveron neste acto en Pontevedra os concelleiros de Seguridade e Medio Ambiente, Montse Seijo e Diego Dos Santos.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo recibiu en Pontevedra o premio ao pobo máis bonito de Galicia, que lle outorgou o programa Gente Viajera de Onda Cero.

Ata a cidade do Lérez se desprazou o alcalde ribadense, Dani Vega, que se amosou encantando polo galardón: “estamos encantados cunha alegría enorme porque nos concederan este premio, este galardón de declarar a Ribadeo como o pobo máis bonito de toda Galicia. Un agradecemento profundo a Onda Cero tamén a todos os que organizan e realizan Gente Viajera, un programa especializado en turismo, que leva moitísimos anos, e cando fai os seus primeiros premios, que pensara en Ribadeo é todo unha alegría”.

O rexedor declarou: “estamos moi contentos de que pensaran en nós. Ribadeo vén investindo en turismo hai moito tempo, non é unha cousa de agora, o cal lle queremos dar as grazas a todos os gobernos que pensaron no turismo como unha estratexia económica. Estamos investindo, estamos mellorando entre todos o Ribadeo que queremos no futuro. Polo tanto, nosoutros o que estamos hoxe é encantados, estamos moi satisfeitos e moi agradecidos por este galardón de declarar a Ribadeo como o pobo máis bonito de toda Galicia”.

Xunto ao alcalde estiveron neste acto en Pontevedra os concelleiros de Seguridade e Medio Ambiente, Montse Seijo e Diego Dos Santos.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...