InicioOrientalRibadeoRibadeo eliminará as barreiras arquitectónicas de la EMMeD

Ribadeo eliminará as barreiras arquitectónicas de la EMMeD

Publicada o

- Advertisement -

O Concello eliminará as barreiras arquitectónicas da EMMeD, que contará con ascensor e cunha rampla de acceso polo lateral do edificio. Será grazas a unha subvención de 40.000 euros concedida pola Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, confirmou que a Xunta de Galicia concede unha subvención para a eliminación de barreiras arquitectónicas na Escola de Música de Ribadeo. Un obxectivo claro é mellorar a accesibilidade e eliminar as barreiras arquitectónicas. Por iso, en primeiro lugar vamos eliminar o escalón da entrada lateral, construíndo unha rampla de acceso. E tamén melloraremos a accesibilidade desde esa entrada ao local de ensaio na planta baixa e instalarase un ascensor”.
Para o rexedor iso era o fundamental, xa non solo mellorar todo o peche da escola, as ventás, senón tamén eliminar as barreiras arquitectónicas que tiña este edificio. Era un tema que reivindicábamos dende a oposición e agora que estamos no goberno, cumprimos coa palabra e facemos estas melloras”.
O rexedor indicou que esta subvención de máis de 40.000 euros beneficia directamente a Ribadeo, contribúe a mellorar a accesibilidade dos edificios públicos, dos edificios municipais e pouco a pouco vamos mellorando neste escaso tempo os inmobles de titularidade municipal que teñen un obxectivo moi claro, neste caso a Escola de Música, educar e formar novos alumnos”.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...