InicioOrientalRibadeoMarta Sáiz: "O Ribadeo Ilustrado é unha cita que queremos consolidar pouco...

Marta Sáiz: “O Ribadeo Ilustrado é unha cita que queremos consolidar pouco a pouco”

Marta Sáiz é a concelleira de Turismo de Ribadeo e que afronta a IV Edición do Ribadeo Ilustrado cunha serie de actos e presentacións ligadas á figura do Marqués de Sargadelos e a súa aportación industrial e comercial á vila de Ribadeo. Entre as diferentes pegadas desa época están diferentes construcións tanto civís como defensivas.

Publicada o

- Advertisement -

-Esta é a IV Edición do Ribadeo Ilustrado. Cales son os elementos que moven esta nova edición?

Sempre se fai desde o punto de vista cultural. Este ano xira arredor das pegadas que foi deixando a Ilustración en Ribadeo como son edificios e todo o patrimonio ligado ao Marqués de Sargadelos.

-Que significou a vila de Ribadeo na vida do Marqués de Sargadelos?

Significou moito para el. Foi a época en que se desenvolveu o comercio na vila grazas ao seu porto ao que chegaban embarcacións con diferentes produtos como teas e outras mercadorías.

-Que pegadas desa época queredes mostrar cara o exterior?

O Ribadeo Ilustrado comezou este xoves coa actuación da Orquestra de Cámara de Galicia. Este venres presentouse o Ribadeo Ilustrado como evento, teremos a presentación do libro As máscaras de Ibáñez, o marqués de Sargadelos que nunca foi. Despois haberá unha representación teatral no auditorio. As actividades do sábado foron pospostas por culpa do tempo. Faríase un percorrido polos diferentes edificios máis emblemáticos da época como o Pazo de Ibáñez, a Casa Bengoechea e acabaríamos no Forte de San Damián. Esa sería a parte en que poderiamos ver a verdadeira pegada de Ibáñez en Ribadeo.

-Esta actividade do Ribadeo Ilustrado tamén se pode ligar coas excavacións arqueolóxicas na ría e os barcos que se encontraron nela?

A edición de 2024 ímola fiar aos elementos arquitectónicos da vila dándolle preponderancia á súa relación con Raimundo Ibáñez.

-Posteriormente á morte do marqués de Sargadelos, Ribadeo continuou con aquela actividade comercial?

As actividades continuaron, porén, co paso do tempo as cousas evolucionaron e chegaron épocas como a dos indianos, reflectida en moitos outros edificios. Así pois, a cidade foi cambiando até termos a que vemos hoxe en día.

-Existen ideas para o Ribadeo Ilustrado de 2025?

De momento non mais si buscamos a consolidación desta cita coa historia da vila e que non sexa só un acto lúdico. Buscamos darlle a importancia que merece e niso estamos traballando. Desde logo intentaremos que cada ano teña máis relevancia con novas aportacións. Debo destacar a participación de moitas entidades locais culturais e comerciais que lle dan un gran valor.

-Contades tamén con persoas expertas na figura do marqués de Sargadelos e da Ilustración?

Si, precisamente este sábado temos a figura do historiador Alberto Paraje, quen impartirá unha palestra sobre o Ribadeo dos Ilustrados. Por tanto, pouco a pouco iremos construíndo o programa desta cita coa Ilustración enchéndoa con máis elementos pasiño a pasiño.

ÚLTIMAS

Esixen á Xunta de Persoal demostrar que son os convocantes das concentracións no Hospital de Burela

A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que...

Política Social non aborda os problemas de Foz no Parlamento

A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da...

A Praza de Abastos de Viveiro recibe máis de 47.000 euros para a súa revitalización

O Concello de Viveiro recibiu unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego,...

Deteñen na estación de bus de Viveiro ao atracador dun banco en Burela

A Garda Civil detivo a un home na estación de autobuses de Viveiro como o presunto responsable...