InicioOrientalRibadeoA EMMED de Ribadeo organiza unha comida de confraternidade o 22 de...

A EMMED de Ribadeo organiza unha comida de confraternidade o 22 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso.

O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14:30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non.

O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño.

A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.

ÚLTIMAS

Ana Ermida: “Buscamos o equilibrio entre as visitas a Santo Estevo e o coidado á súa contorna”

-En que consisten os traballos arredor de Santo Estevo do Ermo e cales son...

Viveiro reunirase coa Xunta para solicitar vivendas sociais

O Concello de Viveiro mantivo en Santiago unha reunión solicitada pola alcaldesa, María Loureiro,...

Alumnos italianos finalizan a súa estadía en APAGA Ribadeo

Hoxe rematan a súa estadía en Ribadeo os 15 alumnos italianos que durante quince...

Viveiro anuncia as actividades da piscina para o verán

O Concello de Viveiro oferta nos meses de xullo e agosto unha ampla variedade...