InicioOrientalRibadeoXunta e Concello de Ribadeo avalían actuacións arredor das Catedrais

Xunta e Concello de Ribadeo avalían actuacións arredor das Catedrais

Os técnicos da consellería e a directora xeral tamén avaliaron o estado do pavimento en distintas zonas próximas ao monumento natural para rexistrar posibles deficiencias froito do uso e das condicións meteorolóxicas da zona

Publicada o

- Advertisement -

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, visitou este martes o monumento natural da Praia das Catedrais para avaliar os distintos espazos que o conforman e ver posibles actuacións coas que mellorar o seu estado, así como os elementos a disposición tanto do persoal que presta servizos auxiliares na contorna como dos visitantes.

A representante da Consellería de Medio Ambiente, que estivo acompañada polo alcalde de Ribadeo, explicou que, entre os elementos que se están revisando, están as pasarelas existentes na zona ou os valados de protección cos que se impide o acceso das persoas ás áreas con maior risco de caída ou con vexetación autóctona protexida.

Os técnicos da consellería e a directora xeral tamén avaliaron o estado do pavimento en distintas zonas próximas ao monumento natural para rexistrar posibles deficiencias froito do uso e das condicións meteorolóxicas da zona.

Ao mesmo tempo, comprobouse o estado de distintos locais de almacenaxe e de uso por parte do persoal que traballa neste espazo natural -en tarefas de mantemento ou control de acceso, entre outras- co obxectivo de ver posibles melloras coas que facilitar o seu labor diario.

Os traballos que se acorden como consecuencia desta análise do estado de conservación dos distintos espazos sumaranse á renovación da sinalización existente na contorna da praia, unha actuación que xa estaba prevista previamente.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...