InicioOrientalRibadeoXornadas no Centro Pedro Murias en Ribadeo

Xornadas no Centro Pedro Murias en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, asistiu esta mañá no centro Pedro Murias ao inicio das Xornadas Pasado, Presente e Futuro do Asesoramento, Homenaxe a Extensión Agraria, que organizou a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. O rexedor aludiu ao traballo feito polas oficinas de Extensión Agraria e á importancia que tiveron no crecemento do sector gandeiro.

Vega contou que “participamos no acto que se celebrou en Pedro Murias en homenaxe ás extensións agrarias. Hai que facer un recoñecemento a todo ese traballo, a todo ese asesoramento técnico que se fixo durante un período e séguese facendo. O gran impulso das extensións agrarias foi o crecemento dun sector, un sector gandeiro que estaba en período de profesionalización e agora temos que destacar que contamos cun sector con gran fortaleza, con unha presenza económica importante e que deixa un impacto económico no noso concello tamén relevante e, polo tanto, seguir apoiando a un sector, seguir colaborando tamén con as extensións agrarias”.

O alcalde tamén se referiu ao centro Pedro Murias: “Pedro Murías, que sigue con esa vocación clara da formación que vai unido á profesionalización. E, dende logo, desde o Concello de Ribadeo vamos seguir colaborando. Xa o dixemos fai uns poucos días que vamos a renovar ese padroado para que as dúas administracións, Xunta e Concello, sigan con esa vocación clara de formación e de estar permanentemente pegados á realidade dun sector que sigue crecendo e sigue con gran fortaleza. E, dende logo, nosoutros vamos seguir apoiando ao sector gandeiro desde un punto de vista lácteo, cárnico e a produción agrícola, con ese mercado dos domingos, tamén potenciando a educación e o acercamento de moitos alumnos aos produtos de proximidade que estamos desenvolvendo nestes momentos nos centros educativos. E con este traballo, con esta dedicación, eu creo que hai un sector con moita forza”.

E engadiu: “recoñecemento a todos os técnicos de extensión agraria que fixeron un papel fundamental, segueno facendo e queda moito traballo aí da por facer”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...