InicioOrientalRibadeoA antiga Casa de Teléfonos será a nova comisaría da Policía Local...

A antiga Casa de Teléfonos será a nova comisaría da Policía Local de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O inmoble da antiga Casa de Teléfonos xa é propiedade do Concello de Ribadeo e destinarase á nova comisaría da Policía Local. O alcalde, Dani Vega, explicou que “o Concello adquire a antiga Casa de Teléfonos como ben público. Este edificio tiña que estar entregado xa no 2021 e estamos no 2024. Cando nós chegamos, apenas hai un ano, a situación estaba paralizada, non había nin obras, é dicir non se estaba concretando o acordado. Era a permuta que tiña acordada o antigo goberno e dende logo nosoutros cremos que foi moi escasa, pero iso foi un proceso de negociación que nada tivo que ver con nós e o que temos facer é que se concrete, cumprir o firmado”.

O rexedor municipal sinalou: “a empresa tiña que entregarnos un edificio rehabilitado e no 2021, pero as obras non existían e tivemos que falar con eles e apuralos para que se concretaran. Agora o edificio está nos bens inventariados do Concello, polo tanto é un edificio de todos e hai que darlle un uso. Nisto tamén pensamos, había distintas posibilidades, pero nosoutros queremos ordenar un sistema administrativo de servizo público con todo no entorno do Concello e do Xulgado de Paz. E agora á antiga Casa de Teléfonos queremos darlle un uso concreto, que é a Policía Local, pensando nos propios axentes, que nestes momentos máis ben están en mazmorras que nun edificio digno, nunha comisaría que preste un servizo. E tamén hai que pensar que as actuais dependencias non cumpren as medidas de accesibilidade polo que unha persoa que ten unha certa discapacidade non pode entrar a facer calquera tipo de trámite na Policía. Polo tanto todo parece indicar que este edificio é o máis conveniente”.

Vega manifestou ademais que “o acordado dentro da permuta xa se fixo e por iso a nosoutros parécenos este acordo escaso porque nos deixa un edificio rehabilitado, si, pero baleiro por completo. E agora debemos darlle contido e polo tanto se queremos facer unha comisaría temos que xestionar o orzamento. En primeiro lugar vamos a redactar un proxecto e a partir de aí xestionar orzamento para que se leve a cabo”.

“Durante este escaso ano non estivemos parados, fixemos todo un labor a partir dunha situación que herdamos, que estaba estancada, e puxémonos a traballar no asunto, falando coa empresa para concretalo dunha vez por todas. Levamos desde o 2021, polo tanto o tempo pasou e parece moi conveniente cerrar estes asuntos. Fixémolo e tamén aparellado pensamos qué uso debemos darlle a este edificio: vai ser a nova comisaría de Policía Local e agora vamos empezar a redactar o proxecto e a xestionar o orzamento necesario para que o Concello non teña que poñelo de fondos propios e outra administración nos axude a facer estas obras”, rematou o alcalde.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...