InicioOrientalRibadeoO vídeo podcast Terra UP Arte de Terra Branca acaba de cumprir...

O vídeo podcast Terra UP Arte de Terra Branca acaba de cumprir 2 anos

Publicada o

- Advertisement -

O vídeo podcast Terra UP Arte de Terra Branca acaba de cumprir 2 anos. 25 foron as entrevistas, de diferentes disciplinas artísticas, realizadas ata o momento. A terceira tempada está en marcha. O 16 de febreiro do 2022 a Galería Terra Branca de Ribadeo inaugurou un vídeo podcast co obxectivo de entrevistar a persoas relacionadas co mundo da arte. Cada tempada está composta por dez episodios e xa vai pola terceira.

Os capítulos, gravados na Galería Terra Branca están dirixidos e presentados por José Ramón Leal, dono do establecemento: “o meu pai foi locutor de Radio Mocidade e, aínda que eu gozo máis tras a cámara, ensinoume a amar a comunicación”. Por este espazo pasaron escritores, pintores, actores, tatuadores, ilustradores, cantantes, etc… José Ramón Leal conta que “nos interesa o mundo da arte en xeral. Por iso gozamos sabendo un pouco máis dos artistas, das súas experiencias e das súas anécdotas”. E engade que “é un programa bilingüe, cheo de diversidade cultural. Está nos nosos plans entrevistar a unha trapecista que coñecemos. Todas as disciplinas artísticas encaixan en Terra UP Arte”.

A realización do programa faise con tricámara e intercalando imaxes e vídeos dos entrevistados, dando así un dinamismo á produción. A duración oscila de 15 a 30 minutos. O apartado técnico corresponde a Terra Branca Audiovisuais, o departamento audiovisual da galería ribadense. Foron vinte e cinco as entrevistas realizadas ata o momento e as próximas xa están concretadas.

A cantante Lucía Pérez e o escritor Pepe Peiteou serán futuros invitados do programa Terra UP Arte. Algúns dos participantes no vídeo podcast de Terra Branca foron: Lucía Ferro, Paco Rivas, Juanma Tapia, Oniel Rodríguez López, Mariángel Leal, Elvira Felipe. Todos os episodios pódense escoitar na plataforma IVOOX e ver nas redes sociais de Terra Branca ou na canle de Youtube, Terra UP Arte.

ÚLTIMAS

Alumnos de Italia e Turquía farán prácticas en empresas de Ribadeo e A Pontenova da man de APAGA

Trinta alumnos italianos e seis turcos farán prácticas en empresas de Ribadeo e na...

Mondoñedo volverá acoller unha investigación da USC sobre un asentamento suevo

O vindeiro 27 de maio dará comezo unha nova fase dos traballos arqueolóxicos en...

A antiga Casa de Teléfonos será a nova comisaría da Policía Local de Ribadeo

O inmoble da antiga Casa de Teléfonos xa é propiedade do Concello de Ribadeo...

Día da Xuventude en Viveiro nos xardíns de Noriega Varela

O Concello de Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o seu Día...