InicioOrientalRibadeoEquipos galegos e asturianos participarán nunha exhibición de karate en Ribadeo

Equipos galegos e asturianos participarán nunha exhibición de karate en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Seis equipos de Galicia e Asturias daranse cita en Ribadeo este sábado, día 18 de maio, nunha exhibición organizada polo club de karate local.

A cita comezará ás doce de mediodía no pavillón municipal de deportes da avenida de Luarca. Na mesma participarán os clubs de karate de Tapia, Castropol, Foz, Lourenzá, Burela e Ribadeo, que reunirán a 120 deportistas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, considera que “é interesante para Ribadeo acoller estes eventos deportivos” e anima a asistir a esta exhibición a todas as persoas afeccionadas a esta disciplina deportiva.

Colaboran cos organizadores a Concellería de Deportes de Ribadeo, a Federación Galega de Karate e Karate Do Shito-Kai Asturias-Galicia.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...