InicioOrientalRibadeoRibadeo asina un novo convenio coa Xunta para facer melloras na Escola...

Ribadeo asina un novo convenio coa Xunta para facer melloras na Escola de Música

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo asina un novo convenio coa Xunta de Galicia para realizar melloras no edificio da Escola de Música. Neste caso o importe ascende a 40.000 euros, segundo anuncio hoxe, sábado, o alcalde, Dani Vega.

“Seguimos xestionando e traballando para mellorar as instalacións do noso concello. Neste caso falamos da Escola de Música, onde detectamos unha necesidade de inversión e vémonos na obriga de actuar con responsabilidade. Non podíamos destinar nestes momentos orzamentos propios. Temos a necesidade de moito orzamento doutras administracións e o que fixemos foi ter unha reunión co Consellería de Cultura, firmar un convenio de 40.000 euros e polo tanto a Xunta de Galicia nestes momentos vai poñer o 100 por 100 do investimento, 0 euros por parte do Concello nesta inversión concreta, e dende logo estamos satisfeitos”, explicou o rexedor municipal ribadense.

Dani Vega engadiu: “o profesorado e a dirección, Hugo García, dicíanos que tíñamos que actuar en primeiro lugar nas ventás porque pasa totalmente o frío, porque están moi deterioradas, porque son moitos anos de non investir absolutamente nada na Escola de Música e está agora como todos observamos, cunha necesidade de investimento elefantiásica. Polo tanto nosoutros vamos seguir. Este é o primeiro convenio, de 40.000 euros, os cales vamos destinar a renovar as ventás, cumprindo os parámetros de Patrimonio, é dicir de madeira, que parece que é o máis normal”.

O alcalde declarou: “estamos moi satisfeitos e vamos seguir traballando coordinados para continuar xestionando orzamento porque a Escola de Música necesita moito máis, non soamente estes 40.000 euros senón moitos máis, para poñela ao 100 por 100 e que sexa digna e un espazo acolledor para que acudan todos os alumnos”.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...