InicioOrientalRibadeo'Homenaxe ao Cantábrico', mellor creación no Ribadeo de Tapeo

‘Homenaxe ao Cantábrico’, mellor creación no Ribadeo de Tapeo

Publicada o

- Advertisement -

A Homenaxe ao Cantábrico, do Restaurante Marinero, foi elixida polo público como a mellor creación do pasado Ribadeo de Tapeo. No concurso gastronómico foron servidas máis de 24.000 tapas, segundo os datos dados a coñocer hoxe, venres, pola concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.

A edil ribadense dixo que “un dos concursos máis antigos da nosa comunidade puxo o broche final o pasado 28 de abril no que se declararon gañadores do xurado profesional as tapas dos establecementos Parador de Turismo, Ramonita e El Oviedo e unha mención especial á taberna Kalpa Amodiño. Quedaba pendente por coñecerse o premio do público. Para poder votar as persoas consumidoras tiñan que ter degustado como mínimo 5 tapas e podíase votar tanto a través dos cartóns selados como a través da aplicación”.

Saiz declarou que “unha vez recompilados todos os votos a tapa que recibiu un maior número foi a do establecemento restaurante Marinero pola súa creación Homenaxe ao Cantábrico”.

A concelleira de Turismo e Comercio manifestou: “desde o Concello felicitamos de novo aos establecementos gañadores e destacamos o traballo e esforzo realizado durante os días de celebración do evento no que se estima foron servidas máis de 24.000 tapas. Trátase dun novo éxito para este concurso gastronómico tan lonxevo”.

E engadiu que “a entrega de premios aos establecementos gañadores levárase a cabo do día 21 de maio ás 17.00 horas no salón de plenos do Concello de Ribadeo, onde tamén se desenvolverá a entrega de premios aos que optan as persoas consumidoras”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...