InicioOrientalRibadeoCentenario do poeta El Viejo Pancho en Ribadeo

Centenario do poeta El Viejo Pancho en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo lidera o programa de actividades para celebrar o centenario da morte do poeta ribadense-uruguaio El Viejo Pancho, que naceu un día 7 de maio e faleceu un 28 de xullo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “é un programa preparado por persoas de Uruguai e Galicia, co respaldo de ambos gobernos. Esta conmemoración xa comezou coa exposición 100 anos sen El Viejo Pancho, preparada polo alumnado e profesorado do obradoiro e que podemos ver na Sala do Campo. Pode ser visitada por todos os que o dese edes pero ademais o alumnado de Ribadeo, desde educación infantil ata secundaria, gozará cos traballos manuais, as xincanas, os percorridos pola vila, as creacións literarias e incluso vídeos de TikTok preparados para cada grupo de idade. Os centros escolares recibirán tamén unha unidade didáctica para traballar ó autor José María Alonso Trelles nas súas aulas. Neste mes de maio presentaremos tamén unha páxina web para a difusión da vida e obra poeta así como das actividades realizadas nesta celebración”.

Begoña Sanjurjo destacou que “no mes de xullo levarase a cabo o forte das celebracións. Serán actos institucionais coa presenza da Xunta de Galicia e do Consulado de Uruguai; a representación dunha obra teatral inédita do autor polo grupo de teatro afeccionado de Ribadeo; o recitado de poemas; un concerto da Coral Polifónica de Ribadeo, que incluirá no repertorio poemas musicados e que foron popularizados por Gardel; e a presentación dun importante libro: unha publicación bilingüe con ilustracións de artistas uruguaios. Ademais este ano A Comarca dos Pícaros non se dedicará á homenaxeada no día das Letras senón ó Viejo Pancho”.

“Esperamos que poidades coñecer mellor ó Viejo Pancho e desfrutar de toda a programación preparada para celebrar o centenario da súa morte”, rematou a concelleira de Cultura ribadense.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...