InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo pediu melloras para o concello á Conselleira de...

O alcalde de Ribadeo pediu melloras para o concello á Conselleira de Medio Rural

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, xestionou numerosas melloras para as parroquias do concello durante a entrevista que mantivo coa nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez. Coa colaboración deste departamento da Xunta de Galicia o Concello porá en marcha os plans Avanza Rural e Fontes Vivas.

O rexedor adiantou que o Concello de Ribadeo “elaborará o plan Avanza Rural a dous anos co obxectivo de mellorar as infraestruturas na zona rural de xeito paulatino e planificado. Tal e como diciamos dende a oposición, buscaremos o consenso veciñal: preguntaremos, escoitaremos e despois actuaremos nas parroquias”.

Dani Vega subliñou que “nunha primeira intervención o investimento ascenderá a máis de 395.000 euros. Están contempladas actuacións nas parroquias, tanto do interior como da costa”.

O alcalde explicou que “tamén abordamos nesta xuntanza a elaboración de proxectos para o arranxo de camiños forestais das zonas afectadas polos incendios do ano pasado”. E anunciou que o Concello presentoulle á Consellería de Medio Rural “un proxecto senlleiro, denominado Fontes Vivas, para a rehabilitación e recuperación de todas as fontes e lavadoiros de Ribadeo”.

A conselleira e o alcalde ribadense tamén analizaron unha colaboración co Seaga (Servizo Agrario Galego) para desbrozar zonas próximas aos montes de difícil acceso, para evitar que se ocasionen incendios forestais neses lugares. Ademais o Concello actuará nos meses de xuño e xullo na mellora das pistas da concentración parcelaria. 

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...