InicioOrientalRibadeoIntervención do presidente da CEOE no 35 aniversario de ACISA Ribadeo

Intervención do presidente da CEOE no 35 aniversario de ACISA Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi, interveu, a través dun vídeo, na gala da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) celebrada na noite de onte, domingo, no Parador de Turismo ribadense.

Garamendi felicitou a ACISA polo seu 35º aniversario, lembrou os seus vínculos familiares coa vila ribadense, que visita con frecuencia, e destacou a importancia do tecido empresarial da localidade. Ao comezo do evento interviñeron tamén o deputado responsable da área de Recursos Sostibles na Deputación de Lugo, Fran Cajoto; o conselleiro de Comercio, José González; o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; e a presidenta de ACISA, Carmen Cruzado.

Carmen Cruzado destaca este luns, que “en ACISA estamos moi contentos de recuperar esta gala, que non se celebraba desde o ano 2020, e moi satisfeitos de reunir a 140 persoas, a maioría empresarias e empresarios asociados e empregados deses negocios, cos que compartimos unha velada moi agradable. A de onte foi a gala máis numerosa das celebradas ata o de agora”.

Tras a cea e antes de pasar ás sobremesas o xerente de ACISA, Jesús Pérez, fixo un balance moi positivo dos logros e resultados alcanzados por este colectivo empresarial nos últimos anos. E a continuación tivo lugar a entrega dos premios por parte dos directivos de ACISA: á substitución xeracional a María Antonia Lens e María Gamallo, de Xeito; a Susana Lombardero e Candelaria Pacheco, de Panadería La Plaza e Pastelería A Candelaria, como negocios emblemáticos; e a Vicky Álvarez Lebredo, como Ribadense do Ano 2024. Todas as galardoadas agradeceron moi emocionadas este recoñecemento.

Durante o acto tamén houbo un recordo para todas as directivas que estiveron á fronte de ACISA nestes 35 anos e púidose escoitar unha cuña radiofónica dunha das primeiras campañas promocionais, na que se sorteaba catro viaxes a Mallorca, para dúas parellas asturiana e para outras dúas galegas, audio que conserva o asociado Antonio Andina, a quen a actual directiva agradeceu a achega desa gravación.

O evento foi conducido polo xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos. Acisa contou con BeOne e Vitaldent como patrocinadores principais da Gala 2024, á que se uniron tamén como patrocinadores Talleres Cardi, Mariña Asesores e Limpezas Lema. Colaboraron no evento Paradores, Bombones Moreno, Azpilicueta, Viña do Campo e asociación de raza autóctona Porco Celta, xunto á Xunta, Galicia Calidade e Concello de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...