InicioOrientalRibadeoSardiña mariñada en chevite de froitas do Parador gaña a XVIII Edición...

Sardiña mariñada en chevite de froitas do Parador gaña a XVIII Edición Ribadeo de Tapeo

Publicada o

- Advertisement -

A Sardiña mariñada en ceviche de froitas do Parador de Turismo é a tapa gañadora do XVIII Ribadeo de Tapeo, que rematou onte. O xurado profesional decidiu que o segundo premio fose para o Choco ilustradodo Ramonita e o terceiro premio recaeu en El Oviedo pola súa elaboración Terra, mar e lume, que tamén foi elixida como a tapa máis sostible.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “Ribadeo de Tapeo,por décimo octavo ano consecutivo, puxo onte o broche final a 9 días de cociña en miniatura. Desde a organización queremos agradecer especialmente a eses 24 establecementos participantes polo seu esforzo e traballo durante todo o evento, porque realmente son eles os que propician o éxito desta iniciativa xunto co público”.

Aedil ribadense contou que “foron moitas as persoas que decidiron saír a rúa e probar algunha das especialidades presentadas e cremos que o evento tivo moi boa acollida, dadas as moitas tapas servidas durante estes días. Ao longo da primeira semana un primeiro xurado, composto por Félix Martinez, da Escola de Hostalaría de Tapia, e Carlos Pérez, da Escola de Hostalaría de Foz, escolleron un total de 10 tapas finalistas”

As tapas finalistas foron:

  1. Sardiña mariñada en ceviche de froitas e Xeado artesán de queixo do Cebreiro do Parador de Turismo como tapa doce.
  2. Choco ilustrado do Ramonita
  3. Terra, mar e lume de El Oviedo.
  4. Fishn’t chips do Kalpa Amodiño Taberna Gastronómica.
  5. Somos a horta do Hotel A.G. Porcillán.
  6. Homenaxe ao cantábrico do Restaurante Marinero
  7. O mar na nosa casa do Rincón do Gordo
  8. Cesta sorpresa do Araucaria.
  9. Da miña terra na categoría de Tapa Doce, do Cayo Coco.

Saiz relatou que “destas tapas finalistas, o xurado profesional conformado por Sindo Pose e Marta Ventura, ambos representantes da primeira xeración de Argentinos Burguers que foron seleccionado neste 2024 como mellor hamburguesa do Estado, acompañados por Ana Martínez e Héctor González, en representación das Escolas de Hostalería de Foz e de Tapia respectivamente, e tamén formou parte do xurado Elio Fernández Peláez do restaurante El Ferpel Gastronómico, que conta cunha Estrela Michelín”.

O xurado profesional decidiu que o primeiro premio, o segundo e o terceiro respectivamente fosen para:

Sardiña mariñada en ceviche de froitas do Parador de Turismo.

Choco ilustrado do Ramonita.

Terra, mar e lume de El Oviedo.

Na categoría de Tapa Doce, o premio foi para Xeado artesán de queixo do Cebreiro do Parador de Turismo. E como tapa + Sostible o premio foi para Terra, mar e lume de El Oviedo. Tamén houbo unha mención especial para o Kalpa Amodiño por ser a máis atrevida.

A concelleira de Turismo engadiu que “queda agora por coñecerse o premio á mellor tapa do público. En canto coñezamos os votos das furnas que se deixaron en cada local daremos a coñecer o resultado”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...