InicioOrientalRibadeoXXV Aniversario de ACISA Ribadeo

XXV Aniversario de ACISA Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Case140 persoas asistirán a esta cita na que a asociación empresarial conmemora o seu 35º aniversario e fará entrega dos Galardóns Acisa Ribadeo 2024.

Todo está preparado xa para o evento, así o anunciou a presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado: “todo está listo para a celebración da nosa X Gala anual. Para este evento confirmaron a súa asistencia preto de 140 persoa, unha cifra sen dúbida moi relevante. A parte das autoridades confirmadas, representantes do Concello de Ribadeo, da Deputación de Lugo e da Xunta, contaremos coa presenza de innumerables empresarios e empresarias, que decidiron acompañarnos, así como de familiares e amigos dos galardoados. Mañá entregaremos o premio á substitución xeracional a María Antonia López Lens e a María Gamallo López, os galardóns como negocios emblemáticos á Candelaria e A Praza, e o recoñecemento como ribadense do ano a Vicky Álvarez Lebredo”.

Segundo lembra o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “o evento comezará ás 21:00 horas, momento no que gozaremos dun excelente xamón cortado en directo por un cortador profesional, mentres compartiremos consumicións e charla antes de pasar ao comedor. Contaremos cun photocall para que todo aquel que o desexe leve un recordo grafico do evento. Unha vez no comedor degustaremos catro marabillosos entrantes: pionono de salmón afumado, encurtidos e crema de queixo; cañita de follado enche de brandada de ourizo; táboa de embutidos; e cunca de crema de andaricas. De primeiro prato: dúo de vieiras á galega e ao natural. E de segundo: paleta de porco celta, asado no seu zume, patacas parisienses e atadillo de verduras, e no medio, para cambiar o sabor un fresquitosorbete de mandarina. De sobremesa: doce de ganache de chocolate branco, para finalizar con café, licores e augardentes”.

Acisa conta con BeOne e Vitaldent como patrocinadores principais da Gala 2024, á que se uniron tamén como patrocinadores Talleres Cardi, Mariña Asesores e Limpezas Lema. Colaboran no evento Paradores, Bombones Moreno, Azpilicueta, Viña do Campo e asociación de raza autóctona Porco Celta, xunto á Xunta, Galicia Calidade e Concello de Ribadeo. Cruzado Iglesias agradece “a colaboración das empresas e institucións que patrocinan e colaboran coa nosa X Gala, na que haberá algunha que outra sorpresa. E ata aquí podemos contar. Directiva e xerencia de Acisa esperamos que todas as persoas asistentes gocen dunha velada moi agradable”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...