InicioOrientalRibadeoDetido por tráfico de drogas un veciño de Tapia na localidade de...

Detido por tráfico de drogas un veciño de Tapia na localidade de Ribadeo

Os axentes interviñeron ao home detido seis envoltorios de plástico que contiñan tres gramos de cocaína, un envoltorio de plástico cun gramo de heroína e 400 billetes de diverso valor facial

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo a un veciño de Tapia de Casariego (Asturias), de 27 anos de idade, ao que interviñeron cocaína, heroína e 400 billetes de diverso valor.

Nunha nota de prensa, o Instituto Armado detallou que a detención se produciu na madrugada do pasado sábado no marco dun operativo policial.

En total, os axentes interviñeron ao home detido seis envoltorios de plástico que contiñan tres gramos de cocaína, un envoltorio de plástico cun gramo de heroína e 400 billetes de diverso valor facial.

A persoa detida xa foi posta a disposición xudicial acusada dun delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Anxo Martíns: “O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai entre vilas galegas e bretoas”

-Como nace a este irmandamento entre Ribadeo e Loktudi na Bretaña francesa? En 2005, respondendo...

Iria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

 A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde  acto inaugural do Ribadeo Indiano,...

Viveiro recoñecido como Concello Emprendedor pola Xunta

O Concello de Viveiro vén de recibir a declaración oficial como Concello Emprendedor, segundo...

O mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes debido ás Festas do Carme

O Concello de Foz anuncia que a vindeira semana o tradicional mercado dos martes,...