InicioOrientalRibadeoRibadeo celebrará en maio obradoiros para programas de promoción participación social

Ribadeo celebrará en maio obradoiros para programas de promoción participación social

Publicada o

- Advertisement -

En Ribadeo celebraranse en maio diversos obradoiros e formacións dos Programas de Promoción da Participación Social, que organizan a Fundación Impulsarse, o Concello e a Xunta.

Baixo a denominación de Maiores, vida compartida serán impartidos obradoiros de teatro, risoterapia, musicoterapia e tamén habilidades cognitivas.

Somos migracións é o título das formacións en competencias oral en galego e en castelán, que tamén se ofrecerán durante o mes de maio. Ao igual que as formacións Rus-Tics en trámites e xestións persoais por internet e e-administración e curso básico de internet e aplicacións co móbil.

As persoas interesadas en participar poden dirixirse á Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia ata o vindeiro 2 de maio, como data límite, a través dos seguintes teléfonos: 698 127 315 ou 982 120 808.

Elena Sierra, a concelleira de Benestar Social, anima a participar nestas actividades: “están dirigidas a personas a partir de 50 años. Son variadas desde obradoiros hasta diferentes tipos de formaciones, que esperamos sean del interés de las vecinas y de los vecinos de Ribadeo”.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, o alcalde, Dani Vega, e o traballador social municipal, José Luis Gegunde, mantiveron un encontro coas responsables da Fundación Impulsarse para abordar a posta en marcha de todas estas actividades en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...