InicioOrientalRibadeoRibadeo cambia o horario da recollida de cartón porta a porta

Ribadeo cambia o horario da recollida de cartón porta a porta

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “o horario de recollida seguirá a ser os martes e os xoves a partir das dez e media da mañá. O cartón depositarase na rúa ese mesmo día, antes da hora indicada, co fin de asegurar a recollida”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello cambia o horario da recollida porta a porta do cartón, que seguirá a ser os martes e os xoves, pero pola mañá en lugar de polas tardes. O novo horario entrará en vigor o 2 de maio.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explica que “o horario de recollida seguirá a ser os martes e os xoves a partir das dez e media da mañá. O cartón depositarase na rúa ese mesmo día, antes da hora indicada, co fin de asegurar a recollida”.

O edil ribadense lembra que “o cartón debe deixarse pregado e asegurado para que non se espalle pola vía pública, nun lugar no que non obstaculice o tránsito peonil ou rodado”.

Dos Santos engadiu que “este novo horario para a recollida porta a porta do cartón dará comezo o vindeiro 2 de maio. Desde o Concello queremos avisar con antelación para que os negocios de Ribadeo estean informados o antes posible deste cambio e o teñan en conta. Agradecemos de antemán a súa colaboración”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...