InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “esta é unha importante actividade da que os nosos negocios poden beneficiarse, por iso os animamos a que se adhiran a unha campaña, que o que persegue é a dinamización do comercio local"

Publicada o

- Advertisement -

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta. A patronal ofrece asesoramento e apoio aos negocios que o precisen e tamén aos clientes.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “esta é unha importante actividade da que os nosos negocios poden beneficiarse, por iso os animamos a que se adhiran a unha campaña, que o que persegue é a dinamización do comercio local. Nesta campaña da Xunta de Galicia póñense a disposición bonos de 30 euros, que se reparten en descontos de 5, 10 ou 15 euros dependendo do importe de cada compra”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “tal e como vimos facendo sempre dende Acisa, con motivo desta nova edición do Bono Activa Comercio, actuamos como entidade colaboradora e polo tanto prestamos apoio e asesoramento tanto a empresas como a particulares nos procesos de adhesión dos negocios, na descarga e tamén no uso dos bonos por parte dos clientes. Para elo calquera interesado poderá pasar polas oficinas de Acisa ou ben poñerse en contacto con nos mediante chamada de telefono ou enviando un correo electrónico”.

Cruzado Iglesias dixo que “as socias e os socios de Acisa Ribadeo contan desde hoxe no seu correo electrónico con toda a información sobre esta campaña, pero nesta ocasión coma nas pasadas edicións o noso asesoramento e apoio será para todo o empresariado que o necesite e para toda a súa clientela. A cantos máis chegue a información e o noso apoio mais contribuiremos ao éxito no desenvolvemento de accións deste tipo”.

Pérez Prada subliñou que “é importante que os negocios locais se adhiran á campaña do Bono Activa Comercio da Xunta. O aforro do que se beneficia o cliente non afecta ao comercio coma un desconto, é dicir non lle supón cobrar menos. Ambas partes saen beneficiadas: o cliente gasta menos por compra e o comercio ingresa o mesmo. O cliente sae contento pola compra feita e o negocio pode fidelizar nova clientela”.

Os comerciantes interesados en participar nesta nova campaña dos Bonos Activa Comercio poderán adherirse desde hoxe. E a descarga e o uso para clientes será a partires do 26 de abril ao 15 de setembro ou ata o fin do crédito deste programa. Desde Acisa recomendan que “os comercios se adhiran o antes posible e que os clientes consuman eses descontos axiña, porque os Bonos Activa Comercio esgótanse moi rápido”.

Formación

Onte, luns, tivo lugar a segunda tarde de formación sobre Facebook e creación de contidos nesta rede social, organizado por Acisa Ribadeo y Acelera Pyme Rural Asime Lugo. Vinte persoas asistiron á cita que se celebrou na Casa del Viejo Pancho. O curso foi impartido por Lilián Pérez, de Donapubli.

O vindeiro luns, 22 de abril, tamén en horario de 18 a 20 horas a formación estará centrada en Instagram. Para asistir é necesario inscribirse previamente nas seguintes direccións de correo electrónico: info@acisaribadeo.es o lugo@acelerapyme.asime.es

ÚLTIMAS

Alcoa analiza ofertas non vinculantes de posibles compradores

Alcoa atópase analizando ofertas non vinculantes de "potenciais interesados" recibidas polo complexo de San...

‘El Pequeño Nicolás’, absolto do delito de usurpación de funcións e suborno durante a súa viaxe a Ribadeo en 2014

O Tribunal Supremo (TS) acordou absolver a Francisco Nicolás Gómez Iglesias, coñecido como 'El Pequeño Nicolás',...

Remolcan ata Burela un veleiro francés con dous tripulantes

Un veleiro francés, 'Bleiz Ar Mor', con dous tripulantes a bordo, foi remolcado este...

O Concello de Foz envía un comunicado sobre a prestación do servizo da residencia

O Concello de Foz envía un comunicado de prensa sobre a prestación dos servizos...