InicioOrientalRibadeoRibadeo inviste máis de 10.000 euros en mellorar os accesos ao matadoiro...

Ribadeo inviste máis de 10.000 euros en mellorar os accesos ao matadoiro municipal

O rexedor,Dani Vega, indicou que “desde o Concello seguimos investindo e así mellorando toda a contorna do matadoiro municipal"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo inviste máis de 10.000 euros na mellora dos accesos ao matadoiro municipal. O alcalde, Dani Vega, subliña que a instalación é referente na Mariña lucense e no Occidente asturiano.

O rexedor indicou que “desde o Concello seguimos investindo e así mellorando toda a contorna do matadoiro municipal. Neste caso estamos a falar dunha inversión superior aos 10.000 euros para arranxar todo os accesos con aglomerado, porque estaban realmente deteriorados e necesitaba este investimento”.

Vega subliñou que “estamos a falar dun matadoiro municipal, referente na Mariña e no Occidente asturiano. Estamos a falar de 2.000 reses de bovino sacrificadas, 3.500 de porcino, 500 de ovino, 250 de caprino e de equino 25. Pero este matadoiro municipal non soamente sacrifica, senón que tamén despeza, hai reparto a domicilio, hai varias cámaras de conxelación rápida e hai un envasado ao vacío. Estas instalacións prestan moitos servizos e iso convérteas como matadoiro de referencia en todo este espazo xeográfico”.

O alcalde tamén se referiu ao emprego xerado no matadoiro municipal: “tamén o matadoiro crea emprego. Hai nove postos de traballo directos, que nós valoramos e estamos moi satisfeitos de que este matadoiro siga a investir e mellorando as súas instalacións. E desde logo o Concello é a administración que ten que dar respostas, investindo orzamento propio e non quedarse aí simplemente. Temos que ter a capacidade de xestionar orzamento ante outras administracións para mellorar as instalacións. E niso imos traballar nos próximos días”.

Dani Vega engadiu: “satisfeitos por un traballo continuo, por un traballo que tamén significa que estamos preocupados por mellorar as nosas instalacións municipais, que prestan un servizo non so aos veciños de Ribadeo senón a toda a contorna tanto no Occidente asturiano como na Mariña”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...