InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo impulsará a renovación do padroado do CFEA Pedro...

O Concello de Ribadeo impulsará a renovación do padroado do CFEA Pedro Murias

O alcalde Dani Vega dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando para impulsar o centro de Pedro Murias. Todos sabemos que ten unha clara vocación, cunha formación específica na agraria, tamén na gandería e no forestal"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello impulsará a renovación do padroado do CFEA Pedro Murias e a realización de diferentes actividades nesas instalacións. Estes asuntos foron abordados polo alcalde na reunión mantida co director do Agacal.

Dani Vega dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando para impulsar o centro de Pedro Murias. Todos sabemos que ten unha clara vocación, cunha formación específica na agraria, tamén na gandería e no forestal. Entendemos que é algo moi importante para o sector primario aquí en Ribadeo, pero debemos traballar todos para impulsar o centro de Pedro Murias e abrilo a distintas formacións e coa celebración dunha serie de actividades”.

O rexedor explicou que “nosoutros reunímonos coa Xunta de Galicia, concretamente do director do Agacal, para concretar cales son as liñas a seguir nos vindeiros días. Desde logo pasan por renovar o padroado, ese padroado que é único en Galicia. Ningún outro centro de capacitación agraria conta cun padroado que vela pola vocación que nos deixou Pedro Murias moi clara, que é a formación no mundo agrario, grandeiro e forestal. Nos queremos seguir por aí, pero sen pechar Pedro Murias a outra actividade e formación e tamén desde logo ir innovando e adaptándose aos tempos”.

O alcalde lembrou que “o padroado está sen renovar desde a época de Eduardo Gutiérrez, polo tanto o tempo di que era importante renovalo e concretalo e nos imos facelo. Por iso esta reunión tan importante. O padroado ten unha misión moi clara, o Concello tamén participa e el debe ser o que vele polo futuro de Pedro Murias e ir propoñendo unha serie de actividades que son fundamentais para garantir o futuro do centro de Pedro Murias”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...