InicioOrientalRibadeoSegue aberta a venda de entradas para a Gala Anual de Acisa...

Segue aberta a venda de entradas para a Gala Anual de Acisa Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Segue aberta a venda de entradas para a Gala anual de Acisa Ribadeo, que se celebrará o próximo 28 de abril. A presidente da Acisa, Carmen Cruzado, sinala que “a venda de entradas para a celebración do 35 aniversario de Acisa marcha a bo ritmo. As tarxetas poidan adquirirse na nosa oficina ata o día 25, pero animamos a todas aquelas persoas que desexen asistir, sexan socias ou non de Acisa, a que as vaian retirando ao longo dos próximos días. O prezo é de 35 euros”.

Cruzado Iglesias destaca que “será unha xornada de celebración, para compartir experiencias e momentos entre o sector empresarial ribadense. A última Gala de Acisa celebrouse en 2020, xusto uns días antes do confinamento. Por iso pensamos na directiva que xa tocaba reunirse e que mellor que facelo para celebrar o 35 aniversario da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “a Gala está aberta a todo aquel que desexe asistir, sexa socio ou non de Acisa, a veciñas e veciños da nosa vila que desexen compartir connosco este importante día de celebración. A X Gala de Acisa 35 Aniversario celebrarase o 28 de abril no Parador de Turismo de Ribadeo ás 21:00 horas. Neste evento, non só conmemoramos os 35 anos de vida da nosa entidade se non que entregaremos os galardóns á substitución xeracional a María Antonia López Lens e María Gamallo López, os galardóns como negocios emblemáticos á Candelaria e A Praza, e o recoñecemento como ribadense do ano a Vicky Álvarez Lebredo”.

Acisa conta con BeOne e Vitaldent como patrocinadores principais da Gala de 2024, á que se uniron tamén como patrocinadores Talleres Cardi, Mariña Asesores e Limpezas Lema. Colaboran no evento Paradores, Bombones Moreno, Azpilicueta, Viña do Campo e asociación de raza autóctona Porco Celta, xunto á Xunta, Galicia Calidade e Concello de Ribadeo.

Premios día do pai

Mañá, 10 de abril, conclúe o prazo para reclamar os premios do día do pai. Carmen Cruzado lembra que “a día de hoxe non foron reclamados ningún dos dous premios do día do pai. Lembremos que os números premiados son o 1.070, entregado en A boia, correspondente a unha experiencia de condución xentileza de Viaxes Eroski e o numero 6.552 entregado en R23, correspondente a un reloxo Time Force doado por Joyería Azabache. Animamos a revisar petos, bolsos, bolsas e a comprobar as papeletas do día do pai. En Acisa non queremos que queden desertos os nosos premios. Se quedasen desertos destinaranse a outra das nosas campañas”.

Curso sobre Facebook

Pérez Prada engadiu que “seguimos cos cursos gratuítos para nosas asociadas e asociados. Tras o éxito do celebrado onte sobre xestión de fotografía con móbil para redes, o luns que vén terá lugar o curso sobre xestión de Facebook para empresas. Como consideramos necesario coidar moito a imaxe, a posta en escena dos nosos negocios, debemos aprender a sacarlles o mellor rendemento ás redes sociais e a profesionalizalas ao máximo e por iso continuamos con esta formación. Este curso celebrarase na Casa do Viejo Pancho en horario de 18:00 a 20:00 horas o vindeiro luns, 15 de abril. Para participar é necesario inscribirse ou ben nas ligazóns que os empresarios recibiron nos seus mails ou a través da seguinte dirección de correo electrónico: info@acisaribadeo.es”. Esta actividade formativa está organizada por Acelera Peme Rural Asime Lugo e Acisa Ribadeo.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...