InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle este sábado un curso de primeiros auxilios policiais

Ribadeo acolle este sábado un curso de primeiros auxilios policiais

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado, 13 de abril, impartirase en Ribadeo unha xornada de intervención en primeiros auxilios para forzas e corpos de seguridade do Estado, organizada pola Asociación Española de Gardas Civís (AEGC) en Galicia.

A estas xornadas asistirán axentes de Garda Civil e Corpo Nacional de Policía da provincia de Lugo e Asturias. O delegado da AEGC en Galicia, Germán Ángel Vale Varela, explica que esta xornada “ten como misión reforzar e poñer en práctica coñecementos en Primeiros Auxilios RCP e manexo de DEA (desfibrilador), sangrados e uso de torniquete, dado que nunha inmensa maioría de servizos os axentes da Garda Civil e policías nacionais son os primeiros en chegar a este tipo de situacións. Dentro do programa de formación da AEGC para este ano 2024 está esta xornada para realizar Ribadeo, impartida por formadores titulados en emerxencias sanitarias e persoal sanitario habilitado para as devanditas formacións específicas”. Germán Vale destaca: “temos en axenda realizar outro tipo de xornadas e formacións por toda Galicia, xa que están a ter moita acollida. Iniciamos esta en Ribadeo xa que desde o Concello facilítannos moito as cousas na cesión de espazos para realizalas”.

Ademais engade: “desde a AEGC xa fixemos chegar a diversas entidades políticas a necesidade de dotar ás patrullas dun DESA (desfibrilador externo semiautomático), como xa teñen algunhas unidades de policías locais en Galicia”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...