InicioOrientalRibadeo'Pasos de Sabiduría', nova actividade en Ribadeo a partir do 7 de...

‘Pasos de Sabiduría’, nova actividade en Ribadeo a partir do 7 de abril

Publicada o

- Advertisement -

O 7 de abril arrinca en Ribadeo Pasos de Sabiduría, unha actividade organizada pola Concellería de Benestar Social. Todos os domingos de abril, maio e xuño haberá baile no centro social. Será de 18:30 a 21:30 horas con entrada de balde.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, dixo que “desde o Concello apostamos unha vez máis por dinamizar o noso pobo. Hai tempo que moitos veciños solicitábannos un punto de encontro onde poder relacionarse e botar uns bailes, petición que nos pareceu unha idea estupenda. Puxémonos ao choio e aquí estamos, cumprindo”.

A edil ribadense contou que “empezamos no centro social de Ribadeo este domingo, 7 de abril, cunha actuación en directo, para continuar todos os domingos ata xuño alternando música disco con actuacións en directo”

Sierra agarda que Pasos de Sabiduría sexa do agrado de todos: “esperamos que esta actividade sexa de voso agrado e que pasedes uns domingos divertidos en compañía de todos os nosos veciñosPalabras descoñecidas”.

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...