InicioOrientalRibadeoRibadeo valora positivamente a acollida das actividades en Semana Santa

Ribadeo valora positivamente a acollida das actividades en Semana Santa

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Mocidade fai unha valoración moi positiva da acollida que tiveron as actividades organizadas durante a Semana Santa.

Francisco José Silvent declarou: “desde a Concellería de Mocidade facemos unha valoración moi positiva das actividades desenvolvidas a pasada Semana Santa, destinadas á infancia e á rapazada. Máis de 300 nenas, nenos, mozas e mozos se achegaron ao Ribadeo na Rúa, que tivemos que trasladar ao pavillón da rúa Alfredo Deaño e ao Ceip Gregorio Sanz por culpa do mal tempo que tivemos na zona eses días. Pero a pesares de todo as actividades leváronse adiante e todos puideron gozar. A cultura urbana foi a protagonista para a xente moza. E os máis pequenos disfrutaron de inchables, obradoiros, máquina de pompas, etc”.

O edil de Mocidade e Deportes subliñou que “toda esta programación foi pensada para a infancia e para a mocidade e tamén para axudar a conciliar a vida laboral e familiar durante eses días. Ao igual que o campus de FutbolÍN Lugo, no que participaron 60 nenos e nenas durante toda unha xornada”.

E engadiu: “no equipo de goberno estamos moi satisfeitos coa acollida que tiveron todas estas actividades desenvolvidas durante a Semana Santa en Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Morre tamén a nai da falecida no incendio do Valadouro

A muller de 77 anos trasladada ao Hospital da Mariña polas feridas sufridas no incendio...

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta....

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova...

O sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de Tapeo

Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos...