InicioOrientalRibadeoAberta a Praia das Catedrais en Ribadeo

Aberta a Praia das Catedrais en Ribadeo

O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello e a Xunta de Galicia, tomamos a decisión de abrir a praia das Catedrais, evidentement baixo os parámetros da seguridade"

Publicada o

- Advertisement -

A praia das Catedrais xa pode ser visitada de novo este sábado. Así o veñen de anunciar o Concello e a Xunta. O areal estivo pechado o xoves e o venres por mor da borrasca Nelson.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello e a Xunta de Galicia, sempre nesa colaboración permanente, tomamos a decisión de abrir a praia das Catedrais, evidentemente baixo os parámetros da seguridade, velando pola seguridade das persoas, ás que tamén pedimos colaboración”.

Para Vega “é importante que cando se acude á praia das Catedrais se faga caso das indicacións dos vixiantes e do cumprimento da normativa. Si o facemos así todo é máis fácil”.

O rexedor subliñou que “a praia das Catedrais cumpre hoxe os parámetros de seguridade, a climatoloxía o permite e o que pedimos é prudencia e responsabilidade. Desde as doce do mediodía a praia quedou aberta e así poderemos xa contemplala e visitala”.

ÚLTIMAS

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo pon en marcha o programa ‘Unha escola, un horto’

O Concello pon en marcha o programa Unha escola, un horto en 4 centros...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras este sábado

O Concello de Burela acollerá este sábado, día 18 de maio, o seu XIV...