InicioOrientalRibadeoA Banda de Ribadeo ofrece un concerto na igrexa parroquial de Santa...

A Banda de Ribadeo ofrece un concerto na igrexa parroquial de Santa María do Campo

A próxima actuación da Banda ribadense será o tradicional concerto das Letras Galegas, que está programado para o 17 de maio, venres, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval

Publicada o

- Advertisement -

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, congregou a numeroso público no concerto de Semana Santa, que ofreceu na igrexa parroquia de Santa María do Campo onte, mércores.

Nesta actuación A Banda de Ribadeo interpretou por primeira vez catro pezas: Palio Blanco, de Miguel Sánchez Ruzafa; Passio Granatensis e Mayor Dolor, as dúas de Ángel López Carreño; e Saeta, de Joan Manuel Serrat con arranxos de Guillermo Fernández Ríos. Tamén tocou Mater mea, de Ricardo Dorado Janeiro; Callejuela de la O, de Francisco J. Pérez Garrido; Hosanna in excelsis, de Óscar Navarro; e Crucifixus, de José Alberto Pina.

David Ballester agradeceu a colaboración dos párrocos e da asociación Amigos da Semana Santa por permitir facer o concerto na igrexa, que “é o mellor lugar para este tipo de pezas”.

A próxima actuación da Banda ribadense será o tradicional concerto das Letras Galegas, que está programado para o 17 de maio, venres, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...