InicioOrientalRibadeoPrograma Primavera Xove no campamento da Devesa en Ribadeo

Programa Primavera Xove no campamento da Devesa en Ribadeo

O alcalde ribadense, Daniel Vega, sinalou que “isto vámolo seguir facendo nesta Semana Santa e no verán. E tamén queremos dinamizar o campamento da Devesa"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron esta mañá aos participantes no programa Primavera Xove que ten lugar no campamento xuvenil da Devesa. 

O rexedor manifestou que “Concello e Xunta colaboran nas actividades nesta Semana Santa. Actividades para todas as idades: infantís e para rapaces e rapazas que xa van tendo máis aniños. Polo tanto pensamos en todos. Esta colaboración entre administracións, entre Concello e Xunta, favorece que haxa moitas actividades e, dende un punto de vista técnico, nunca tanta actividade houbo como este ano”.

Vega sinalou que “isto vámolo seguir facendo nesta Semana Santa e no verán. E tamén queremos dinamizar o campamento da Devesa. É algo fundamental, son unhas instalacións nas que debemos seguir colaborando coa Xunta e nutríndoas de actividades. Neste caso no campamento Primavera Xove queremos acoller a moitos rapaces e rapazas doutros concellos aquí, en Ribadeo”.

O alcalde subliñou que “esta colaboración creo que é moi importante. Vamos seguir activando dinamismo para o noso concello, para todos rapaces e rapazas, tamén para os neniños e neniñas, para actividades infantís, porque eu creo que é o importante. Polo tanto vamos seguir traballando e continuando nesta colaboración permanente e absoluta para seguir favorecendo ao noso concello”.

Na visita ao campamento da Devesa participaron os concelleiros de Mocidade e Medio Ambiente, Francisco José Silvent e Diego Dos Santos.

ÚLTIMAS

Alcoa ten o apoio dos accionistas para comprar a australiana Alumina Limited e ter todo o complexo de San Cibrao

Os accionistas de Alcoa, cun apoio do 99% dos presentes en xunta especial, apoiaron...

O pleno de Ribadeo abordará a seguridade na vila e outros temas como a Pancha

Pancha, seguridade, miradoiro de Loctudy e 4º Plan de Igualdade centrarán o pleno que...

O PP de Foz impugnará o pleno extraordinario sobre o servizo da Residencia de maiores

O Partido Popular de Foz impugnará o pleno extraordinario celebrado este luns no que...

Quince alumnos italianos están a formarse en APAGA Ribadeo até o 26 de xullo

Quince alumnos italianos están a formarse en Ribadeo ata o 26 de xullo. Realizan...