InicioOrientalRibadeoAlimerka e o Concello de Ribadeo colaboran no programa 'Alimentos sen desperdicio'

Alimerka e o Concello de Ribadeo colaboran no programa ‘Alimentos sen desperdicio’

A Fundación Alimerka presentou en Ribadeo a súa memoria de actividades. Máis de 18.000 persoas e 217 entidades sociais de Asturias se beneficiaron no 2023 dos seus programas.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Alimerka entregou máis de 13.500 quilos de excedentes valorados en 45.500 euros aos Concellos de Ribadeo e de Foz durante o 2023, a través do programa Alimentos Sen Desperdicio, destinados ás familias máis vulnerables de ambos municipios. A colaboración continúa.

A Fundación Alimerka presentou en Ribadeo a súa memoria de actividades. Máis de 18.000 persoas e 217 entidades sociais de Asturias se beneficiaron no 2023 dos seus programas.

O director da Fundación Alimerka, Antonio Blanco, lembrou que “esta fundación trabaja para apoyar y dar visibilidad a los colectivos vulnerables y desarrolla programas que favorezcan la inserción de aquellas personas en situación de vulnerabilidad social, atendiendo de modo especial cuestiones como salud y alimentación, que contribuyan a la mejora de su calidad de vida”.

O alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, amosou a satisfacción do equipo de goberno “polo traballo que se está a facer por parte da Concellería de Benestar Social e dos traballadores sociais, que son unha parte fundamental do Concello de Ribadeo. A Fundación Alimerka contribúe a que se faga este traballo de xeito coordinado e eficaz”. E subliñou que “as empresas, as superficies comerciais, as entidades e as administración deben estar sempre preocupadas por protexer o valor da persoa”.

Ao acto de presentación da memoria da Fundación Alimerka asistiron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, o traballador social municipal, José Luis Gegunde, e o presidente da devandita fundación, Antonio Blanco.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...