InicioOrientalRibadeoVisitas guiadas gratuítas en Ribadeo durante a Semana Santa

Visitas guiadas gratuítas en Ribadeo durante a Semana Santa

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo ofrece visitas guiadas gratuítas durante a Semana Santa. Este ano, por primeira vez, chegan ao Forte de San Damián, a fortificación costeira mellor conservada da costa cantábrica. 

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explica que “a Concellería de Turismo de Ribadeo ofrece un ano máis durante a Semana Santa as súas visitas guiadas. Estas distribúense ó longo de toda a semana que vén e ofrécense de forma gratuíta a todas as persoas interesadas, tanto residentes como visitantes. Para poder formar parte delas só se require inscrición previa, que se pode realizar a través da páxina turismo.ribadeo.gal, escollendo a visita desexada no apartado Momentos da pestana Facer”.

A edil ribadense conta que “as visitas divídense en tres grupos, dependendo da ubicación do percorrido: as que percorren o casco histórico, as visitas xeolóxicas polo litoral (Xeorutas) e as visitas ao histórico Forte de San Damián”. 

Saiz relata que “entre as primeiras, as visitas polo legado indiano e polo casco histórico (Ribadeo Indiano e Ribadeo Ilustrado) que realizará a guía Ana Pena, de Guía tu Día. Fran Canosa, recoñecido xeólogo ofrece tres interesantes rutas ó longo do litroral do municipio:  Xeoruta dos Ollos, Xeoruta dos Arcos e a Xeoruta da Ría”.

E subliña: “e por último, e como novidade, esta Semana Santa por primeira vez, abrirase o forte de San Damián, a fortificación costeira mellor conservada da Costa Cantábrica. Estas visitas súmanse ás diversas actividades que se veñen realizando este ano para conmemorar o 400 aniversario da súa construción. Na oficina de turismo dispoñen de información completa sobre estas rutas”.

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...