InicioOrientalRibadeoA Heroican Race volve a Ribadeo para o 29 de setembro

A Heroican Race volve a Ribadeo para o 29 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello acolleu a presentación da IV Heroican Race, que se celebrará en Ribadeo o 29 de setembro. Esta carreira de obstáculos está organizada polo Grupo BeOne, que conta coa colaboración do Concello ribadense.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “a clave é volver a Ribadeo para facer esta importante actividade deportiva. Cando falabamos de números superaban os 1.500 participantes, iso quere dicir que é unha actividade con imán e que atrae a moita xente a Ribadeo. Eu creo que a práctica do deporte ten dúas vertentes, unha desde o punto de vista da saúde e outra desde o punto de vista deportivo e económico”.

O rexedor subliñou que “o impacto económico que ten unha proba deste tipo é moi importante. Este Concello está a apostar polo deporte para activar a economía e o turismo deportivo, que é mi importante”.

Vega agradeceulle ao director xeral do Grupo BeOne, Roberto Ramos, a súa aposta por Ribadeo para que volva aquí a Heroican Race por terceira vez: “o Concello está moi agradecido por todo o que apostas por Ribadeo, por todo o que fas en Ribadeo. Esta non é a única colaboración, sabemos que hai moitas máis que levan o teu nome e iso é de agradecer”.

Na presentación da Heroican Race participaron o director da carreira, Marcos Pérez, o director general do Grupo BeOne, Roberto Ramos, o director de Produto e Innovación, Matías Gago, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

ÚLTIMAS

José María Leal: “O marqués de Sargadelos foi socio de corsarios”

-A súa palestra sobre 'pirataría ao corso' fala sobre dúas figuras que se confunden...

Tres acusados dun homicidio imprudente en Alcoa en 2017 aceptan un ano de prisión e un cuarto enfróntase a dous anos

Catro persoas sentáronse este mércores no banco dos acusados do xulgado do Penal 2...

O propietario de Sargadelos volve pedir o peche das instalacións

O dono de Sargadelos, Segismundo García, criticou aos sindicatos que este martes se reuniron...

Ribadeo licitará as obras de mellora en dous pavillóns deportivos

Ribadeo licitará nos vindeiros días as obras de mellora en dous pavillóns deportivos: o...