InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo nomeado vicepresidente da Comisión de Política social da...

O alcalde de Ribadeo nomeado vicepresidente da Comisión de Política social da FEMP

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, foi nomeado vicepresidente da comisión de política social da FEMP. Hoxe tomou posesión do cargo en Madrid.

O rexedor declarou que “moi agradecido polo nomeamento. Desde Ribadeo imos seguir apostando polas políticas sociais. Sempre o dicimos, investir no valor da persoa é o importante e desde logo a Federación de Municipios e Provincias ten moito que dicir. É unha comisión de estudo, de análise e de aportar para mellorar as políticas sociais desde os municipios e desde as provincias. Traballar nas políticas de accesibilidade é algo fundamental e é algo que imos facer tamén desde Ribadeo”

E engadiu que “a vindeira xuntanza desta comisión vaise celebrar en Ribadeo no mes de xuño. Toda a comisión abordará moitos temas e concretará moitos deles. Moi agradecidos de que se conte coa opinión de Ribadeo e entre todos imos traballar e investir na persoa, que é o realmente importante”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...