InicioEconomíaCarmen Cruzado: “o comercio local e de proximidade ten futuro, máis que...

Carmen Cruzado: “o comercio local e de proximidade ten futuro, máis que hai uns anos”

Carmen Cruzado é a presidenta de ACISA Ribadeo, unha asociación que en abril cumprirá 35 anos e que celebrará durante a X Gala de ACISA. Repasamos algúns puntos relativos ao comercio ribadense e ás diferentes posibilidades que se lle abren de cara ao futuro máis próximos.

Publicada o

- Advertisement -

-A X Gala de ACISA Ribadeo vai ser tamén o día de celebración polo XXXV aniversario da asociación. Que actos ides desenvolver nese día?

O XXXV Aniversario de ACISA Ribadeo delebrarase durante a X Gala da asociación que será unha cea no Parador de Turismo de Ribadeo o día 28 de abril a partir das nove da noite. As persoas que desexen participar nesa gala poderán adquirir unhas entradas a partir do 1 de abril nas oficinas de ACISA e o prezo das entradas será de 35€.

-Quen son os e as convidadas a esta Gala?

As persoas a quen se lles renderá unha homenaxe que serán os premiados e premiadas nesta X Gala Entregaremos un galardón de recoñecemento ao relevo xeracional a María Antonia López Lens e María Gamallo López, que son nai e filla, primeira e segunda propietarias de ‘Xeito Decoración’ e ‘Sargadelos’ en Ribadeo e son uns establecementos que seguen abertos grazas a este relevo xeracional. Tamén decidimos en ACISA entregar o galardón ao Negocios Emblemáticos de Ribadeo á ‘Pastelería La Candelaria’ e ‘Panadería La Plaza’ en recoñecemento á súa traxectoria como locais en Ribadeo e que pecharon ambos os dous recentemente. E tamén entregaremos outro galardón que creamos hai un tempo nesta Gala que ‘Ribadense do Ano’ a Viqui Álvarez Lebredo polo seu amor a Ribadeo, polo seu amor ás actividades que organiza ACISA e tamén por accións desenvolvidas con outras asociacións como poden ser Loita Contra o Cancro de Ribadeo e citas tan tradicionais como o entroido ribadense. Estas serán as persoas convidadas e logo poderán asistir as empresas asociadas a ACISA mais tamén é unha gala aberta a calquera persoa, mesmo non sendo membro da asociación.

-Falabas do premio ao relevo xeracional. Estase dando un relevo no comercio ribadense de maneira continuada?

Si que existe ese relevo xeracional en sectores como panaderías, hoteis, restaurantes, no sector do calzado, combustibles, ópticas e mercerías e este relevo para nós é un orgullo porque quere dicir que a xente aposta polas súas localidades, as das súas familias e tamén hai persoas novas que intentaron emprender fóra decidiron volver para aquí porque os negocios están funcionando e aquí hai calidade de vida.

-Cal é o ritmo de apertura de negocios en Ribadeo actualmente?

Hai unhas semanas detectei cinco novos negocios apiques de abrir as súas portas, algúns xa o fixeron hai uns días e outros estarán para facelo de cara á Semana Santa. Ribadeo é moi activo nese sentido porque ás veces ves un baixo baleiro, un negocio pecha por xubilación, porque os seus propietarios deciden empreder noutro lugar ou porque teñen que marchar mais ese espazo volve abrir nunhas semanas. En ACISA Ribadeo rexistramos no último ano trinta e unha altas de asociados e asociadas, algúns son negocios de nova apertura e outros son persoas que antes non era socia de ACISA mais está incorporándose neste momento. Hai moito movemento en Ribadeo, estamos nun lugar estratéxico, a tiro de pedra da autovía, recibimos moita xente procedente de Asturias durante todo o ano, xente de Lugo ou A Coruña e isto fai de Ribadeo un lugar realmente dinámico.

-O desenvolvemento comercial de Ribadeo tamén inclúe a innovación tanto no comercio clásico como en novas ideas?

Ribadeo é un sitio turístico e moitos dos novos negocios que abren fano pensando no turismo. Innovando temos panadarías e pastalarías que ofrecen protudos sen glute, tendas destinadas a persoas maiores, a crianzas e por tanto temos representados moitos sectores. Así, actualmente moito do que se abre está dirixido ao turismo e tamén novos espazos comerciais relacionados con algo que non había anteriormente.

-Como ves o comercio de Ribadeo cando cumpra os corenta anos?

Irá medrando, evolucionando e o futuro que ten por diante é moi positivo e importante. Unha mostra son as altas en ACISA, a apertura de novos negocios e que a xente está volvendo ao comercio local, ao de proximidade porque ten un trato personalizado e non ten que esperar por unha empresa de mensaxería ou ter que esperar días para facer un cambio. Eu creo que o comercio local e de proximidade ten futuro, máis que hai uns anos.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...