InicioOrientalRibadeoRibadeo actúa en once parroquias xunto coa Deputación mediante o Plan Único

Ribadeo actúa en once parroquias xunto coa Deputación mediante o Plan Único

O alcalde Daniel Vega dixo que “neste Plan Único, que é tan importante para nosoutros, estivemos perfeccionando certas cuestións, tamén formigonando naqueles puntos máis estreitos e máis críticos".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello está a actuar en once parroquias do interior e da costa. Faino en colaboración coa Deputación de Lugo, a través do Plan Único. O investimento ascende a máis de 360.000 euros. O alcalde, Dani Vega, considera que os traballos avanzan a bo ritmo “para seguir mellorando a rede de infraestruturas”.

O rexedor indicou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos co plan de infraestruturas, neste caso en colaboración coa Deputación de Lugo a través do Plan Único, onde investimos máis de 360.000 euros tanto nas parroquias do interior como da costa. Nestes momentos estamos a actuar no interior en Ove, Covelas, Cedofeita, Arante, Santalla de Vilaousende e Couxela. E na costa en Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa”.

Vega dixo que “neste Plan Único, que é tan importante para nosoutros, estivemos perfeccionando certas cuestións, tamén formigonando naqueles puntos máis estreitos e máis críticos. Viámolo necesario e en colaboración cos veciños estamos a investir nun plan de infraestruturas necesario”.

E engadiu que “é verdade que neste momento estamos a traballar en dous plans máis. Avanzamos a bo ritmo para seguir mellorando a rede de infraestruturas do noso concello e das nosas parroquias”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de...